Natalia Iglesias, 23 anos, estudiante de Maxisterio de especialidade Lingua Inglesa en Santiago, militante do Psoe dende o 2005 e Secretaria Xeral de Xuventudes Socialistas dende o 2008. Socialista dende a cuna e actualmente desilusionada coa política local. Fai 4 anos estibo nas listas do Psoe. Esta é unha entrevista importante para nos porque é a primeira vez que un integrante doutro partido accede a facer unha entrevista no noso blog, polo que vemos que é valente, sincera e clara, a parte de unha gran amiga.
- ¿Cal é o motivo de que a presidenta de Xuventudes Socialistas non aparecerá nestas eleccións nas listas?
- Básicamente a razón principal é a discordancia coa política que se está levando dentro do partido a nivel local ademáis da desilusión e desgana política que levo experimentando dende fai xa uns anos.
- ¿A que se debe esa desilusión política?
- Porque a idea que tiña e teño eu de política, de socialismo e de cómo debería ser o partido socialista en Melide non ten nada que ver coa realidade que hai agora mismo.
- ¿Crees que Manolo representa os ideais socialistas?
- Os ideales de Manolo e a forma que ten de ver as cousas non son como as miñas, nonsei se son socialistas ou non, pero neste caso non estou dacordo con elas.
- Ademais direi que para min demostrou un gran egoísmo a hora de tomar a posición que tomou, ocasionando que militantes que traballaron moito polo partido durante moitos anos da sua vida o deixaran acabando asi co partido en vez de colaborar entre todos e aceptar o que é evidente, que o Psoe necesita un cambio xa.
- ¿Crees que debería de ser o cabeza de lista socialista nestas eleccións? ¿ Ao teu parecer quen debería ser se non?
- Sinceramente non, pensó que xa tivo oportunidades para demostrar que é un bo cabeza de lista, que asi as cousas con el nese puesto funcionan e o resultado nestes últimos 8 anos foi unha desgana interna e o mais visible, un descenso de votos moi relevante e importante, ademais de ter unha imaxe no pobo do Psoe moi pouco popular.
- En canto a quen debería estar, eu apoiei a lista alternativa que se produciu no seu momento a pesar de que nas votacions ganou Manolo, sigo apoiando esa lista, ainda que penso que o fundamental é unha renovación do Psoe, básicamente.
- ¿Apoiouvos Manolo durante a creación e estos anos de Xuventudes Socialistas?
- O apoio principal dentro do Psoe no momento da formación e durante os primeiros anos, foi de Jose Prado e de algún militante mais, ainda que el foi o que mais se implicou. Por parte de Manolo como cabeza de lista, porsuposto que ofreceu a sua axuda, ainda que eso nunca se levou a cabo. Os motivos, non o sei. A pesar de todo, co paso do tempo todos nos perdemos a ilusión e as ganas polo que tampouco saliu nada adiante.
-
- ¿Por qué a xuventude de Melide que normalmente vota o PSOE nas xerais, en Melide vota o BNG? ¿Por qué crees que non apoian a Manolo e incluso fan mofa del?
- Pois como dixen xa antes, a imaxe do Psoe en Melide é moi pouco popular por non decir outros adxetivos, e tal e como está planteado o partido e como foi evolucionando estes anos esa imaxe non vai cambiar. E porque votan o BNG, posiblemente pola pouca motivación e confianza que lles da o Psoe local.
-
- ¿Tes pensado volver algún día á política?
- Este ano ofreceronme ir nas listas, pero posuposto non vou ir xa que non estou dacordo como xa dixen e volver a política é algo que non descarto pero ata que o partido se renove e mereza a pena participar nalgo que vexa productivo e que sea acorde os meus ideais socialistas, tal e como eu os vexo, non. Senón unha retirada a tempo sempre é unha victoria.
-
- ¿Qué resultados crees que obterá o PSOE en Melide nestas eleccións? ¿e en xeral? ¿quen cres que gañará?
- Este ano estou vendo un desecanto político en Melide, por parte de todos os partidos, polo que penso que vai haber unha baixa participación. Probablemente o Psoe seguindo a sua traxetoria e a rumoroloxia do pobo, o mellor que lle pode pasar nestas eleccions é manterse co escaño que ten, pero dudoo. En canto o Bng e o PP non o teño nada claro, vexo a cousa moi xusta.
-
- ¿Qué opinión tes do PP de Toques?
- A pesar de ser dun partido contrario o meu, pareceme que hai ahí algunha xente que vale, como é o caso de Ana. e sinceramente, vendo o panorama de toques, non é unha mala opción (risas)
E quero añadir que esta entrevista esta moi ben, que me gusta a idea que tivestes de facer entrevistas, que é unha pena que mais xente doutros partidos non colaborara con esto xa que me parece unha oportunidade de ver distintas opinions, sea no blog de quen sea e do partido que sea, sempre que se faga asi, ben. Porsuposto os meus ideas seguen sendo socialistas, sempre dende un punto obxetivo, como neste caso, nunca hai que atarse a un partido nin radicalizar as cousas. Eu sempre terei as miñas ideas, e pareceume unha boa idea falar dalgunhas delas nestas preguntas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario