viernes, 11 de marzo de 2011

ShareEra unha maña máis de marzo, sonou o despertador, e pensei que sería un día máis, pero ao subirme ao autobus con rumbo o meu recordado instituto, na radio non había música, só unhas voces que con medo, incertidumbre e cargadas de tristezan falaban dun atentado en Madrid....o maior atentado producido en Europa, recordo como a pel se me puxo de galiña apesar de ser moi consciente do que iso significaba, sen ser capaz de asumir realmente o que acontecía.
foi unha maña que conmoveu a todo un país, unha maña que será recordada para sempre, unha maña que acabou coa vida de persoas inocentes que tan só iban a traballar.
Aínda hoxe, co paso dos anos, non podo esquecer a pena e a rabia que invadiron o meu ser durante as horas daquel día.
un acontecemento que pasara a formar parta da historia de España, da historia de todos aqueles que o viviron de cerca, e de todo o resto que o vivimos dende fora, pero con moita proximidade.
por iso cada 11 M, lembraremos e recordaremos con tristeza o que pasou un día como hoxe de fai 7 anos, pero un soriso se debuxara na nosa cara ao sentir a forza e a esperanza de que non volvera a pasar.

No hay comentarios: