Santos López, un mozo de 42 anos, veciño de Melide, e concelleiro do Partido Popular deste mesmo pobo, compañeiro de andanzas políticas. Un home que ademáis de preocuparse polos problemas do seu pobo, sempre quixo axudar a xente nova a que atopase un lugar dentro da política. Por ista razón é él o noso primeiro entrevistado nesta ronda de entrevistas a persoaxes políticos de gran interés, que iremos indo publicando antes do 22 de maio.
pregunta: ¿que che pareceron estos 4 anos do goberno do bipartito en Melide?
resposta: En 4 anos Melide ten unha débeda record, ausencia de proxectos ilusionantes e perda de peso específico dentro da Comarca e de Galicia.
pregunta: ¿Que posibilidades lle ves de gañar o PP en Melide?
resposta: Moitas se somos capaces de que os melidenses coñezan a situación económica real do Concello e os proxectos que o PP ten para devolver a Melide o posto que lle corresponde.
pregunta: ¿Por qué deberíades gañar?
resposta: Para recuperar o tempo perdido e que Melide volva ser a gran vila do cerne de Galicia.
pregunta: ¿Que tedes pensado facer nesta campaña?
resposta: Transmitir un proxecto ilusionante. O PP co apoio da Xunta e xestionando eficientemente pode facer moito ben por melide.
pregunta: ¿Crees que a xente recoñeceu o voso traballo na oposición?
resposta: Nós Traballamos arreo , controlando e fiscalizando a labor do actual desgoberno, os melidenses deben valorar nós traballar.
pregunta: ¿Cómo axuda Novas Xeracións de Melide ao PP?
resposta: Transmitindo o sentir dos xovenes de Melide, que é un sentimento de que non se fai nin se conta con eles. As Novas Xeracións son a savia do PP de Melide. O PP conta con eles, e se goberna contara cos xovenes de Melide, con todos se exclusións.
pregunta: ¿En que crees que empeorou ou mellorou Melide neste tempo?
resposta: .Empeorou en que o Concello so é capaz de pagar soldos e certos gastos, non ten capacidade de inversión e está hipotecado para moitos anos. En vez de xestionar, malgastaron.
Mellorouse na potenciación da musica folk e na recuperación do traxe galego.
pregunta: ¿Cómo ves o PP en Toques e Santiso?
resposta: Con grandes posibilidades de gañar, o cal será benificioso para os veciños.
pregunta: ¿Que opinión che merece Jorge Calvo, alcalde de Toques?
resposta: O pioneiro en aplicar a austeridade nun Concello, tomando medidas de aforro. Tamén apostou forte pola formación(multitude de cursos) e o emprego (obradoiros de emprego) e polo Turismo, vendendo Toques como destino natural e con encanto.
Moitas gracias Santos polo teu tempo e por saber transmitir a túa capacidade de comprensión e de compromiso con todo o que fas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario