Este rapaz pontevedrés, con só 22 anos, preséntase como candidato á alcaldía do seu pobo, Cotobade. Estudia dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Dende Novas Xeracións Toques sabemos que gañará as eleccións porque é un home con moito carisma, decisión e forza e porque o respalda unha longa traxectoria en tan poucos anos.
- ¿Qué significa para ti política?
Un servicio á sociedade, ó meu pobo, á nosa terra.
- ¿Cal é a situación actual en Cotobade?
Nestes momentos, en Cotobade goberna o PSOE en coalición co BNG. O Partido Socialista ten cinco concelleiros, o PP ten catro e o BNG ten dous. Aquí pasa o de sempre: o bipartito de Cotobade está dividido, non hai xestión, nin programa de Goberno. O que Cotobade necesita é un Goberno unido, non que haxa fisuras nin tensións e sobre todo un Executivo no que non haxa catro alcaldes, que é o que está pasando agora mesmo. No concello hai agora mesmo catro adicacións exclusivas e un asesor e eu entendo que nestes momentos un municipio coa capacidade que ten Cotobade non se pode permitir iso, é un despilfarro.
- ¿Qué te motivou a implicarte tanto na política local?
Meu pai foi 16 anos tenente de alcalde en Cotobade. A inquedanza constante polo futuro de Cotobade e os seus veciños xa é algo que me vén dado dende o berce. Co seu apoio, as súas ensinanzas e con toda a axuda que me está dando, a verdade é que os veciños sempre viron que tiña un bo respaldo por detrás. Non son unha persoa que me presente á alcaldía e que veña de fóra. Dende pequeno xa andaba por aí sempre co me pai e por iso sei que é o que se fixo ou o que non se fixo en Cotobade e que é o que hai que facer.
- ¿Cales son os teus obxetivos principais a cumplir?
O asentamento de poboación, a creación de emprego cun polígono industrial e mellorar os servicios sociais.
- ¿Cómo crees que serán os resultados xerais do PP nos concellos galegos?
Creo que vai haber unha suba xeralizada dos votos pola boa xestión que está habendo no Goberno da Xunta, en contra posición ó Goberno de Zapatero, que está sendo a ruina dos españois.
- ¿Cómo pensas que a túa idade che pode perxudicar ou beneficiar a hora de presentarte á alcaldía de Cotobade?
Supoño que a idade será un dos poucos argumentos que poidan utilizar contra min os membros de PSOE e BNG. Eu nacín e vivo en Cotobade, e coñezo de sobra as súas carencias e necesidades. Moita xente, incluso moita xente maior, estáme a parar pola rúa para facerme peticións, para dicirme se lle podo ou lle poderei solucionar este ou aquel outro problema, porque non atopan resposta por parte do concello. Ben sei que cando se achegue o tempo da campaña eles dirán que teñen moita experiencia e que eu non a teño. Pero non sei de que serve a experiencia cando non fixeches nada do acordado, e cando nin tan sequera gardaches o que deixaron feito os que estiveron antes ca ti.
- ¿Tes obxetivos máis alá da política local ou de momento non pensas neso?
Penso en ser Alcalde do meu pobo, o futuro dirá se así o queren os meus veciños.
- ¿Confías en que gañarás as eleccións?
Quero ser Alcalde para pór a Cotobade no mapa de Galicia. Nestes momentos hai unha falta clara de xestión polos propios líos internos e diferencias entre os partidos que gobernan. Cotobade necesita un cambio, e só ganando o PP poderá habelo. Nós vimos a servir, e confiamos en contar co apoio da mayoría de veciños
No hay comentarios:
Publicar un comentario