A campaña electoral empediunos seguir coa continuación da publicación de entrevistas, que serán retomadas apartir do 22 de maio, e esperemos entrevistar a Jorge Calvo, xa como alcalde de Toques.
Estamos en días políticos, días nos que sentimos con máis forma as nosas ideas e de onde somos. Días nos que nos da medo o futuro recente dos noso pobo, e confianza en que a xente saberá diferenciar o que é bo e o que non é tan bo para Toques.
Estos días a música, as ceas de partidos, as papeletas, os "amiguismos", as boas caras, os sorisos e saudos, os boligrafos, os mecheros, as fotos, os programas electorais invaden as nosas casas, as nosas rúas e aldeas...o medo, a incertidumbre, a ilusión reflexanse nas miradas.
O PP de Toques, sintese con ganas de gañar , con ilusión de facelo ben, con seguridade porque a recente experiencia o avala, e con confianza polo grupo que leva, polo respaldo do propio partido e polo apoio recibido polo pobo. Por iso non coñece a palabra medo, senón que o seu lema é traballo e responsabilidade.
non sei cales serán os resultados, pero si sei, o que sería o mellor para o pobo, unha maíoria absoluta do PP. Pero ata o vindeiro domingo ninguén sabe o que deparara o futuro para este pobo que un día durante moitos anos empezou a estancarse e que fai 4 gracias en parte ao noso partido volveu a camiñar e mirar cara adiante, pero aínda queda moito traballo que facer por Toques, para darlle no mapa o lugar que lle corresponde, non sei se outros o pode facer, pero sei que nos temos a capacidade para levalo a cabo.
Non podemos deixar Toques de novo nas mans daqueles que son a imaxe do fiel continuismo, porque en vez de progreso o que nos levaran será a un retroceso que logo se transformara en estancamento.
Espero que a xente acuda a votar, que non quede ninguén na casa sen facelo, vivimos nunha democracia e temos que saber desfrutala.
Moita sorte a todos, e gañe quen gañe, só espero que gañe Toques.
Cerramos dende NNXX Toques a campaña electoral.
No hay comentarios:
Publicar un comentario