Dende esta páxina quero dar as gracias a todo ese electorado que acudiu as urnas o pasado domingo 22 de maio. tanto os que nos votaron como aos que non o fixeron, porque exerceron un dereito que durante tantos séculos loitamos por el e do cal temos que facer uso del sempre que poidamos, por iso tanto dende NNXX Toques como dende o partido, moitas gracias a todos vos.
Tamén quero dar a noraboa de corazón a todos esos concellos que obtiveron unha vitoria xusta, en especial ao PP de Santiago que levaba 20 anos loitando, e a Cotobade, onde Jorge Cubela con tan só 22 anos se convirte en alcalde, e estou segura de que será un dos mellores alcaldes de Galicia.
Mostrar tamén a nosa máis sincera gratitude a toda esa xente de Toques que nos apoiou e respaldou, que confiou nos nosos feitos e palabras co seu voto. Estivemos a piques da maioría absoluta, 10 votos que nos alonxaron dela. Pero que nos dan forza tamén para traballar e loitar polos intereses do noso pobo, da nosa terra, das nosas orixes e raíces.
Estamos orgullosos do noso pobo, da xestión trasparente destos anos, e da campaña electoral limpa que levamos a cabo, e orgullosa de que a xente o vira así, e no lo demostrarán nas urnas facendonos ser a forza maior votada. subindo de tal xeito 2 escaños.
Por iso o PP de Toques vai seguir traballando arreo, e demostrandovos que podedes seguir confiando en nós, para nunca decepcionar un pobo que durante anos estivo sumido na desilusión.
Moitas gracias Toques, e moita sorte.
No hay comentarios:
Publicar un comentario