miércoles, 25 de mayo de 2011
Gracias Toques, gracias veciños!
Tamén quero dar a noraboa de corazón a todos esos concellos que obtiveron unha vitoria xusta, en especial ao PP de Santiago que levaba 20 anos loitando, e a Cotobade, onde Jorge Cubela con tan só 22 anos se convirte en alcalde, e estou segura de que será un dos mellores alcaldes de Galicia.
Mostrar tamén a nosa máis sincera gratitude a toda esa xente de Toques que nos apoiou e respaldou, que confiou nos nosos feitos e palabras co seu voto. Estivemos a piques da maioría absoluta, 10 votos que nos alonxaron dela. Pero que nos dan forza tamén para traballar e loitar polos intereses do noso pobo, da nosa terra, das nosas orixes e raíces.
Estamos orgullosos do noso pobo, da xestión trasparente destos anos, e da campaña electoral limpa que levamos a cabo, e orgullosa de que a xente o vira así, e no lo demostrarán nas urnas facendonos ser a forza maior votada. subindo de tal xeito 2 escaños.
Por iso o PP de Toques vai seguir traballando arreo, e demostrandovos que podedes seguir confiando en nós, para nunca decepcionar un pobo que durante anos estivo sumido na desilusión.
Moitas gracias Toques, e moita sorte.
jueves, 19 de mayo de 2011
peche de campaña por parte de NNXX Toques
miércoles, 4 de mayo de 2011
Entrevista a Rocío Rial
Rocío ten 23 anos, estudia bioloxía na USC, é de Santiso pero é a secretaria de Novas Xeracións Toques dende a súa fundación. E leva traballando arreo por Novas Xeracións dende 2007, tanto en Toques como noutros sitios onde sempre foi voluntaria para prestar a sua axuda. É unha das creadoras deste blog. Foi a mellor compañeira nos inicios, a mellor man dereita nas continuacións e será a persoa con máis lealdade sempre. Gracias por todo amiga.
1. ¿Cómo ves a situación política no teu concello, Santiso?
Está todo moi revolto, por un lado está Ovidio Leiva, que se cambiou o PP xunto con dous presuntos tránsfugas e a mayoría dos que xa formaban parte do CIS fai catro anos. Por outro lado, temos o PSOE, que aínda que cambiou de líder, todo queda na misma casa. O BNG, aínda que renovado terá que demostrar que non sufrirá as decepcións de outros anos cando contaban con máis votos dos que o final tiveron. Por último, apareceu un novo partido independente que pode cambiar moito as cousas cos votos que poida sacar e pode ser unha das chaves para chegar á alcaldía. Sen dúbida, estas serán as eleccións máis reñidas que terá Santiso, e será moi difícil adivinar como vai quedar todo ata que chegue o escrutinio.
2. A pesar de que levas 4 anos en Novas Xeracións e traballando activamente, resulta raro que non aparezas na lista do PP como unha das candidatas, ¿a que se debe iso?
Supoño que dende o partido de Santiso non contan tanto como noutros concellos como en Toques coa xuventude, eso pódese ver mismo na lista. Non mo ofreceron, pero aínda que o fixeran neste momento non aceptaría xa que os seus ideais están actualmente moi alonxados dos meus, a pesar de que leven as siglas do meu partido.
3. ¿Por qué sendo de Santiso estás en Novas Xeracións Toques?
En primeiro lugar porque en Santiso, aínda que fai unhos anos se intentara, non se chegou a crear Novas Xeracións e actualmente tampouco creo que se chegue a levar a cabo, e por outro lado, porque dende que estou en Novas Xerancións Toques, todo o PP de Toques me fixo sentir unha máis, dándome a oportunidade de traballar polo partido e polo pobo e facendo que xa Toques sexa o meu “concello político”.
4. Eres unha das autoras deste blog, ¿cómo valoras o traballo que fas nel e as repercusións que moitas veces as túas palabras poden crear?
Para min, este blog sempre foi o mellor medio que tiven de facer oir a miña voz e as miñas ideas, e de mostrar as cousas que fomos facendo en NN.XX. Nunca nos autocensuramos neste blog, nin nos, nin a ninguén, por iso as veces, ata me sorprendín de todas as repercusións que chegou a haber, xa que para nos é algo natural que se diga o que se pensa, e incluso que o diga todo o mundo aínda que para iso se teñan que refuxiar en anónimos. Nos nunca o fixemos e sempre que expresamos a nosa opinión fixémolo con noso nome.
5. ¿Por qué crees que se armou tanta expectación coa entrada que publicaches fai un mes titulada “o armario de Santiso”?
Penso que foi porque ninguén ata agora falara en público tan claramente do que pasa en Santiso, aínda que é ben sabido, que estaba na boca de todos. Por outro lado veuse que houbo moitos comentarios de veciños anónimos que mostraron o seu descontento co que estaba pasando, dunha maneira que non é a máis correcta xa que se toca moitas veces o plano persoal e con insulto. Dende aquí decir que o blog nin nos nos responsabilizamos de estos comentarios, pero tampouco van ser censurados como xa explicamos máis arriba. Pero de tódolos xeitos quedei sorprendida de que esta publicación chegase a oídos de tanta xente e que case todo Santiso se enterase.
6. Outras polémicas foron as entrevistas de Miguel Pampín e a socialista Natalia Iglesias ¿por qué decidistes entrevistar a estos dous persoaxes?
A Natalia Iglesias porque decidimos que no noso blog aparecerán persoas con outras ideas. Intentamos entrevistar a máis xente pero por desgracia, ninguén máis accedeu a concedernos unha entrevista, por ser un blog contrario á súa ideoloxía, ahí pódese ver a pouca tolerancia que hai en outros partidos. Ademáis Natalia tiña moito que decir, xa que como vimos hai moito descontento dentro do PSOE melidense. Para min ela mostrou unha gran valentía e agallas o ir en contra de Prado cando ela é a Secretaria Xeral de Xuventudes Socialistas de Melide.
A de Miguel Pampín realizámola porque é un dos persoaxes políticos máis importantes a nivel comarcal dos últimos tempos e a pesar de que xa non está vinculado ó PP de Melide non podemos olvidar que foi alcalde de Melide durante 16 anos e senador durante 8.
Está claro de que ambas entrevistas foron de grande interés para a xente xa que as visitas en poucas horas multiplicaronse.
7. Se tiveras que decir un momento en NN.XX, ¿cal sería?
Hai tantos… a nosa colaboración con Novas de Santiago deixáronnos sen dúbida grandes momentos, a alianza con nosos compañeiros de Torrelodones e a visita que lles levamos a facer por Toques, a nosa presentación oficial como Novas Xeracións Toques, o congreso provincial no cal as palabras de Alberto Núñez Feijoo me inspiraron tanto, sobre todo aquela frase: “es la hora de los valientes” e sobre todo todo o traballo e momentos que xunto coa miña compañeira vivimos con este blog.
8. ¿A quen tes pensado votar nestas eleccións?
Aínda non o teño pensado de todo, xa que como dixen as cousas están moi revoltas e teño moitos familiares e amigos en case todas as candidaturas polo que será unha decisión difícil no que se debata a razón e o corazón.
9. ¿Cómo valorarías estes anos de xestión de Jorge Calvo como alcalde de Toques?
Aínda que non resido en Toques, como parte de Novas Xeracións de Toques sempre me intento informar de todo, e podo decir honestamente, que Jorge Calvo é o mellor alcalde que pode ter Toques, no persoal véselle unha persoa honrada e moi traballadora e que só quere o mellor para o pobo de Toques e a nivel xestión creo que aínda que foi pouco tempo o que tivo Jorge para demostralo, estáo facendo moi ben, tan só hai que mirar cómo estaba o concello fai catro anos e cómo está agora, con todas as contas claras.
10. ¿Cómo cres que serán os resultados electorais en Toques?
Estou segura de que o PP logrará a maioría, xa que o avalan os seús últimos anos de traballo e unha moi boa lista con xente moi traballadora e entregada o seu pobo, que mirará polo ben da xente e non por encherse os bolsillos. Dende logo é a mellor candidatura, a candidatura ganadora.
So quero decir que lle desexo todo o mellor o PP de Toques por axudarnos sempre e recibirme como unha toquense máis, e á miña presidenta, que gracias por estos anos facendo que as nosas ilusións políticas se fixesen realidades, e que siga sendo así moitos anos máis.