martes, 26 de agosto de 2008

O desprezo do PSOE polo BNG

Blanco despreza ao BNG pero regálalle os oídos sabedor de que os nacionalistas son o flotador que lles salva de pasar á oposición en Galicia.-

- As declaracións de Blanco, efectuadas a mesma semana na que Ismael Rego acusou aos nacionalistas de utilizar politicamente aos maiores, e semanas despois de que o PSOE en Galicia acusase ao BNG de empregar “políticas clientelares”, non son máis que dous exemplos dos numerosos desprezos que tiveron lugar nesta lexislatura, infestada de ataques, insultos e desprezos que saíron da boca dos socialistas e que foron dirixidos cara ao BNG.

- Por iso, agora sorprende o profundo aprecio que Blanco parece terlle ao Bloque.

- A Xunta é unha polvoreira nuns momentos nos que o Goberno debería estar centrado en afrontar os efectos da crise e non en xerar novos problemas entre os dous partidos que conforman o Goberno galego.

- A “escalada de tensión” na Xunta empezou, e non fará senón empeorar as relacións entre PSOE e BNG, xa de seu malas.
- A émbolos dous partidos só lles unen dúas cousas: a ineficacia na xestión e o odio cara ao Partido Popular

No hay comentarios: