viernes, 1 de agosto de 2008

a crisis, cada día máis evidente

A pesar de que moitos ainda non asuman a realidade, a pesar de que moitos ainda pensen que a crisis da que se fala é soamente unha falacia, non hai máis que abrir os ollos para comprobar de que é unha autentica realidade.
realmente nos vos parece que hai crisis cando a inflación interanual subiu ata un 5,3 cifra non alcanzada dende xaneiro do 97.
A tasa que nos adiantaba onte o INE é tres puntos superior á rexistrada en xullo do pasado ano cundo se situou no 2,3 por cento.
por non falar das hipotecas contratadas fai máis dun ano que supoñen un incremento de1000 € anuais.
O euríbor, o principal indicador para fixar o tipo de interés das hipotecas, pechou o mes de xullo no 5,393%, co que marca así un novo máximo histórico e encadea cinco meses consecutivos de subidas.
Respecto ao pasado mes de xullo, o indicador gañou 32 puntos porcentuais, e respecto a xullo do ano pasado, cando pechou no 4,564 por cento, a subida foi de 82 puntos.
ESPAÑA REXISTRA EN XULLO A TASA DE PARO MÁIS ALTA DA UE
-O desemprego subiu en xuño en España tres décimas, ata o 10,7% da poboación activa, a subida máis forte de toda a Unión Europea, según os datos facilitados hoxe por Eurostat, a oficina estadística comunitaria.
Un ano antes, o paro afectaba ao 8,1 por cento dos traballadores españois.
Mentres os datos deixan a España coa tasa máis alta, o desemprego da eurozona mantívose estable en xuño no 7,3% da poboación activa e no 6,8% no conxunto da UE, sen cambios respecto a maio.
Un ano antes, o paro situábase no 7,4% nos países da moneda única e no 7,1% nos Vintisiete.
España, cunha una tasa do 10,7% (tres décimas máis que en maio), é o Estado membro con máis paro seguido de Eslovaquia (10,5%).

supoño que estos datos escuetos son suficientes para darnos conta de a onde nos esta a levar este goberno mal gobernado, para darnos conta de que este goberno non ten razón de ser, para darnos conta de que a crisis empeza a agravarse.

No hay comentarios: