sábado, 30 de agosto de 2008

O DÉFICIT DUPLÍCASE NUN MES

O parón dos ingresos por Sociedades e IVA duplica o déficit do Estado, que roza o 1%.-

- Os números vermellos ascenden a 10.000 millóns mentres cae a recadación do IVA, pola crise de consumo, a do Impostos de Sociedades, pola menor actividade empresarial e o IRPF, polo impacto da devolución de 400 euros.

- Só a recadación dos impostos relacionados coa electricidade e tabaco aumenta.

- Os gastos da Seguridade Social crecen xa claramente por riba dos ingresos.

- O INE presenta datos nos que a compravenda de vivenda cae un 29% e as hipotecas un 37%.
- Solbes di que o dato é malo e xa admite que será difícil alcanzar superávit a final de ano

martes, 26 de agosto de 2008

O desprezo do PSOE polo BNG

Blanco despreza ao BNG pero regálalle os oídos sabedor de que os nacionalistas son o flotador que lles salva de pasar á oposición en Galicia.-

- As declaracións de Blanco, efectuadas a mesma semana na que Ismael Rego acusou aos nacionalistas de utilizar politicamente aos maiores, e semanas despois de que o PSOE en Galicia acusase ao BNG de empregar “políticas clientelares”, non son máis que dous exemplos dos numerosos desprezos que tiveron lugar nesta lexislatura, infestada de ataques, insultos e desprezos que saíron da boca dos socialistas e que foron dirixidos cara ao BNG.

- Por iso, agora sorprende o profundo aprecio que Blanco parece terlle ao Bloque.

- A Xunta é unha polvoreira nuns momentos nos que o Goberno debería estar centrado en afrontar os efectos da crise e non en xerar novos problemas entre os dous partidos que conforman o Goberno galego.

- A “escalada de tensión” na Xunta empezou, e non fará senón empeorar as relacións entre PSOE e BNG, xa de seu malas.
- A émbolos dous partidos só lles unen dúas cousas: a ineficacia na xestión e o odio cara ao Partido Popular

viernes, 1 de agosto de 2008

a crisis, cada día máis evidente

A pesar de que moitos ainda non asuman a realidade, a pesar de que moitos ainda pensen que a crisis da que se fala é soamente unha falacia, non hai máis que abrir os ollos para comprobar de que é unha autentica realidade.
realmente nos vos parece que hai crisis cando a inflación interanual subiu ata un 5,3 cifra non alcanzada dende xaneiro do 97.
A tasa que nos adiantaba onte o INE é tres puntos superior á rexistrada en xullo do pasado ano cundo se situou no 2,3 por cento.
por non falar das hipotecas contratadas fai máis dun ano que supoñen un incremento de1000 € anuais.
O euríbor, o principal indicador para fixar o tipo de interés das hipotecas, pechou o mes de xullo no 5,393%, co que marca así un novo máximo histórico e encadea cinco meses consecutivos de subidas.
Respecto ao pasado mes de xullo, o indicador gañou 32 puntos porcentuais, e respecto a xullo do ano pasado, cando pechou no 4,564 por cento, a subida foi de 82 puntos.
ESPAÑA REXISTRA EN XULLO A TASA DE PARO MÁIS ALTA DA UE
-O desemprego subiu en xuño en España tres décimas, ata o 10,7% da poboación activa, a subida máis forte de toda a Unión Europea, según os datos facilitados hoxe por Eurostat, a oficina estadística comunitaria.
Un ano antes, o paro afectaba ao 8,1 por cento dos traballadores españois.
Mentres os datos deixan a España coa tasa máis alta, o desemprego da eurozona mantívose estable en xuño no 7,3% da poboación activa e no 6,8% no conxunto da UE, sen cambios respecto a maio.
Un ano antes, o paro situábase no 7,4% nos países da moneda única e no 7,1% nos Vintisiete.
España, cunha una tasa do 10,7% (tres décimas máis que en maio), é o Estado membro con máis paro seguido de Eslovaquia (10,5%).

supoño que estos datos escuetos son suficientes para darnos conta de a onde nos esta a levar este goberno mal gobernado, para darnos conta de que este goberno non ten razón de ser, para darnos conta de que a crisis empeza a agravarse.