miércoles, 4 de junio de 2008

- O presidente da Xunta protagoniza un novo incumprimento da súa palabra e será incapaz de promulgar no primeiro semestre desde ano, como prometera, a reforma da lei que regula o imposto de doazóns e sucesións.

- TEXTO ALTERNARTIVO DO PPDEG.- o PPdeG presentou a emenda á totalidade ao proxecto de lei galega de medidas tributarias en relación co imposto sobre sucesións e doazóns, rexistrada polo Grupo Popular e que inclúe un texto alternativo co que pretende superar as eivas do elaborado polo Executivo.

- O PPdeG suprimirá este imposto cando acceda ao Goberno, para dar continuidade ás rebaixas que xa implantou na pasada lexislatura, como as aplicables para a transmisión de vivendas, explotacións agrarias e empresas familiares con exencións de ata o 99% en determinados casos.

- O texto do PPdeG pretende mellorar o tratamento da familia, defende a empresa familiar, mellora o escenario tributario das doazóns e ofrece un trato máis equitativo na aplicación do importo.

- Pola contra, o texto remitido polo Goberno ao Parlamento, que no mellor dos casos non rematará de tramitarse ata finais deste ano, caracterízase pola indefinición (non distingue a aplicacións das exencións en función do parentesco, senón polos tramos de idade) e pola insuficiencia da proposta, na medida en que establece limitacións que, na práctica, non será suficientes para frear a deslocalización empresarial que se está a rexistrar neste momento.

- Así, mentres que para a transmisión de vivenda mortis causa, o proxecto elaborado polo PSOE só contempla exencións para as operacións por valor inferior aos 150.000 euros.

- O PPdeG propón bonificacións da cota do 99% para todas as transmisións deste tipo que teñan como beneficiarios aos descendentes e adoptados en primeiro grao e aos cónxuxes.

- Nas transmisións empresariais, a Xunta só contempla exencións para as transmisións das empresas de mediano e gran tamaño cando a participación dos beneficiarios supoña o 50% ou máis do capital. Para as participacións inferiores, non se fixan exencións o que, na práctica, supón que as grandes empresas se van seguir deslocalizando, á busca de escenarios fiscais máis axeitados noutras Comunidades. Para as restantes empresas, as consideradas de reducidas dimensións, o bipartito só establece exencións para participacións individuais de ata o 5% e colectivas de ata o 20%. Pola contra, o texto alternativo do PPdeG plantexa, para todos os casos, bonificacións do 99% da cota.

- No que respecta ás doazóns, o actual Goberno galego fixa un tope de 60.000 euros, e só cando estas teñan como destinatarios aos descendentes e como obxecto a adquisicións de vivenda habitual. O PPdeG considera que esta proposta carece de sentido, na medida en que as doazóns de pais a fillos supoñen un adianto da herdanza que non debe ser penalizado. Ao contraio, debería ser incentivada para axudar á reactivación económica, razón pola que o PPdeG tamén propón bonificacións da cota de ata o 99%.

- A fórmula proposta pola Xunta non só penaliza os intereses das familias modestas e das pequenas e medianas empresas de Galicia, senón que resulta insuficiente para frear a fuga de grandes empresas e capitais.

- O texto do PPdeG recolle unha implantación progresiva da supresión dos gravames para evitar que a medida poda causar un quebranto das contas públicas da Comunidade Autónoma.
- Deste xeito, no ano 2009, as bonificación serían do 50% da cota, no ano 2010 do 75% e xa en 2011 do 99% para os suxeitos pasivos do Grupo I (descendentes e adoptados en primeiro grao e cónxuxes

No hay comentarios: