Todos aqueles que esperan que ao PP lle vaia mal sentiranse defraudados o 22 de xuño
- Trala celebración do Congreso Nacional, todos os nosos adversarios políticos que desexaban que nos fose mal verán frustrados os seus peores augurios.
- Os membros do Partido Socialista, que se están a frotar as mans polo que está a pasar no PP, van ter que frotalas moito para entrar en calor, porque vanse quedar fríos despois de ver o éxito do Congreso, en xuño.
- Co partido socialista vai mal a economía; cada mes destrúense centos de empregos; a sanidade é un desastre; e temos que recoller os frutos da política autonómica que aplicaron, co Plan Ibarretxe, cunha política da auga baseada en trasvases ideolóxicos e co financiamento desigual das Comunidades...
- España precisa do PP, dun partido que cre na liberdade individual, dun partido reformista, dun partido que demostrou que os seus métodos son a xestión eficaz e dun partido que non se pecha a ninguén.
- É necesario o esforzo de todos os afiliados para superar estes momentos precongresuales, non exentos de dificultades.
- Non deixemos que sexan outros os que nos queiran definir a través de falsas etiquetas.
- Dentro do PP, todos queremos o mesmo, aínda que haxa contraste de ideas para obter esa meta, e non debemos perder nunca esa perspectiva, nin a de quenes son os nosos adversarios políticos. Todos queremos un partido máis forte e preparado e debemos traballar por elo.
- O PP superará este momento con éxito como xa o fixo fai vinte anos. E se somos capaces de facelo, hoxe como entón, Galicia, vinte anos despois, volverá a marcar o inicio dunha nova etapa política en España, liderada por un partido fundado por un galego, presidido por un galego e que é como os galegos: cordial, aberto e tolerante.
No hay comentarios:
Publicar un comentario