sábado, 23 de febrero de 2008

IMOS GAÑAR PORQUE RAJOY É MÁIS RAJOY QUE NUNCA

IMOS A GAÑAR PORQUE RAJOY É MÁIS RAJOY QUE NUNCA

- O próximo 9 de marzo, o PP gañará as eleccións porque, a diferencia dos demais, o PP ten propostas, programa, equipo, ideas e claridade.

- A diferencia do PSOE, o PP si cre que Galicia pode abandonar os papeis secundarios e protagonizar a Moncloa con Rajoy coma presidente porque, o PP si cre en Galicia, nos galegos, na nosa capacidade e no noso empuxe.

- Levamos CATRO ANOS DE AGRAVIOS E INCUMPRIMENTOS: nin un só quilómetro de novas autovías; nin un só quilómetro de AVE, e sen saber se quera cando comezaban moitas das obras mentres a metade de España xa tiña AVE; e mentres en Cataluña e Andalucía se inauguraba o Tren de Alta Velocidade, aquí nos mandaban os trens que lle sobraban a Málaga’.

O PP CRE NAS SÚAS PROPOSTAS E NA XENTE

- O PP é un partido que si cre nas súas propostas e que non xoga coas esperanzas dos cidadáns, non como o PSOE, que no debate de onte, Solbes non fixo nin unha soa mención aos 400 euros que prometeu Zapatero, a pesar de ser a súa única proposta coñecida...Por algo será.

- O PP: si cre que se poden baixar os impostos e facer medrar a economía, xa o fixemos unha vez e podemos voltar a facelo; si cre nas leis que impulsa, non como o PSOE que un ano despois de aprobar a Lei de Dependencia aínda non cobrou ninguén ou como Touriño, que un ano e medio despois de aprobar a Lei de Transparencia aínda está sen cumprir; si cre que se pode educar en liberdade, nós cremos que os galegos nos entendemos moi ben cando un fala en galego e outro responde en castelán; si cre que é posible crear unha rede de alta velocidade entre todas as cidades de Galicia.

24 SEGUNDOS DESPOIS DA PEGADA DE CARTEIS, PSOE E BNG XA ESTABAN INSULTANDO AO PP

- Triste maneira de presentarse ante os cidadáns, faltando, descualificando e insultando.

- PSOE e BNG están obsesionados co PP e o PP está obsesionado por acadar que cada día os cidadáns poidan vivir un pouco mellor.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

xa me pasarei o 10 d marzo a ver se seguides pensando q a victoria susténtase sobre 1 atentado terrorista..non tedes criterio, senón os bos políticos admitirían a derrota, e máis despois das mentiras q dixestes pa seguir estando no poder..So q as verdades matan!

Anónimo dijo...

ome....e moi raro escoitar k o pp e maravilloso d 1 persoa de toques....xk se mal nn recordo,o pp estivo moitisimo tempo gobernando en solitario e a verdade e k moito progreso non se conseguiu....

e se se fala de politicos que faltan o respeto,a verdade e k moito nn podedes falar.....sinceramente,os politicos son todos iguais,pero o peor do peor esta na dereita!

e promesas incumplidas....prefiro non falar.....a veradde e k os bos politicos xa non "traballan",refirome como non, a Felipe González,o mellor presidente que nunca tivo españa. Tamen queria mencionar a Beiras,o gran galeguita,e bueno....aora pensando....hai 1 bo politico que inda se dedica a politica,e ese e Manuel Ferro....a verdade e k toques ten moita sorte de ter un politico así,foi no mellor candidato d toda a comarca da Terra de Melide,eso non se pode negar....

E en canto as eleccións do 9 de Marzo,esperemos que a dereita non gane....con Rodriguez Zapatero non estamos tan mal.....Arriba as esquerdas!!!! Venceremos!!!!!!!

sinceramente poderia seguir escribindo,pero non m apetece seguir perdendo o tmpo con vos....asi que ata sempre....

Novas Xeracións Toques dijo...

na variedade está o gusto, en España vivimos nunha democracia, nun estado de dereito, todos podemos opinar e falar libremente poorque todos somos iguais, asique é moi respetable todas as ideas, pero poñedesvos en evidencia ao decir o que ten e o que non ten que gustar en toques, cando afirmades que os peores politicos estan na dereita e o deixar este tipo de comentarios porque xamais veredes un comentario noso en ningun blog desprestixiando sen razón ideas contrarias, pq insisto en que para nos é fundamental o respeto en todos os seus campos e sobre todo no ideoloxico, porque iso é democracia.
creo que con esto xa queda bastante claro quenes son os tolerantes e quenes non, quenes son os que queren calar aos demais, e os que non nos importa que nos digan o que sexa por moi contrario sexa as nosas ideas.e quen cree que un ha persona é bo politico polo unico feito de compartir os mesmos ideais.
ser de izquierda ou de dereitas da o mesmo, o importante é levar a cabo a democracia, e enstos momentos so temos que poñer o telediario, abrir un periodico....creo que os fascistas cambiaronse de bando.....aora estan a esquerda....pq son eles os que ahora queren facer calar os que pensan diferente, e neste blog tampoco vamos a consentir que se nos faga calar.
sen máis.
un saudo
e viva a tolerancia!!!!!

Anónimo dijo...

Fascista era Fraga o que creou o Pp