martes, 26 de abril de 2011

Entrevista a Miguel Pampín


Miguel Pampín, alcalde de Melide do 91 ata o 2004 e senador do 2000 ao 2008. Con tan 28 anos chegou á alcaldía de Melide. Dende aquel momento o seu nome comezou a soar forte na política local e posteriormente na nacional. Home querido por uns e odiado por outros, pero nunca pasou indiferente. É indiscutible o seu carisma. Por isto, pola admiración persoal e por outros moitos motivos consideramos que a súa opinión no noso blog era imprescindible. Gracias Miguel.

¿Cómo ves a política local en Melide?

Neste momento hai tres partidos políticos, por un lado temos a coalición BNG-PSOE e unha oposición que é o PP. Polo que eu observo que estamos nunha desgana política actualmente, por un lado a coalición de goberno, pola que se observa un rechazo, e por outro lado unha oposición que non é ilusionante. Por eso, dende o meu punto de vista hai que motivar ó electorado para que vaia votar ao partido popular.

¿Cal crees que será o resultado destas eleccións?

Creo que será un resultado incierto, veremos se neste mes que falta os partidos teñen capacidade de motivar ó electorado.

¿Crees que a coalición de goberno cumpliu as expectativas?

Penso que non se cumpliron todos os obxetivos que plantearon na súa campaña pero de todas as formas eles farán ver que si foi así.

¿Cres que a crise vai influír nos resultados electorais de Maio?

Influir sempre vai influir, pero xeralmente en pobos pequenos como Melide ou Toques sempre se acaba votando por persoa, ao cabeza de lista e mirando sempre a atención que tivo coa xente durante os catro anos anteriores e non tanto os macroproxectos que levan a cabo.

¿Cómo cres que debe ser un bo alcalde?

Eu falo pola miña experencia na miña época de alcalde, onde eu sempre tiven unha atención persoalizada ao público. Ser alcalde implica selo as 24 horas do día, no meu caso eu ia sempre cunha libreta no bolsillo e os problemas que se presentaban pola rúa mirábaos de solucionar. Na alcaldía tiña unha media de 30 a 40 visitas por día, nas cales a xente viñame plantexando problemas tanto persoais como laborais, sin previa cita. Eu sempre procurei que cando a xente entrara o concello con un problema saira con unha solución e iso debería ser básico e prioritario para calquer alcalde. Debes mimar á xente e preocuparte dela. En certo modo ser alcalde é como ser xerente dunha grande empresa, tes que mirar polo ben de todos.

¿Qué te motivou a deixar a política local?

Como me dixo un gran político amigo meu, hai que saber retirarse a tempo. Eu cando entrei de alcalde era cabeza de ratón e cando entrei de senador era cola de león, e que lle gusta máis a xente, ser cabeza de ratón ou cola de león? Eu naquel momento sentín que tiña esgotado o meu percorrido a nivel local, aparecerame unha oportunidade na política nacional e decidín dedicarme plenamente a ela porque para min foi un gran recoñecemento xa que na Coruña hai un millón de persoas máis ou menos e dese millón escolleron a 3 para o posto que eu desenrolei. Por iso sempre lle agradecerei ó partido que me escolleran a min.

¿Pensas voltar á vida local en Melide?

Cando fai sete anos dis que o teu percorrido na política local acabou, non ten sentido, 7 anos despois decir o contrario. Polo que agora mesmo tan só estou colaborando dende as bases.

¿Pero se voltaras cres que terías o apoio da xente?

Eu sempre tiven dous grupos de xente: os que me odiaba e os que me adoraban. Pero sempre tiven a sorte de ter máis que me adoraban que que me odiaban, por iso gañaba. Se te consideran indiferente eres un mierdas, e eso é outro requisito para ser un bo alcalde.

¿Crees que se bota de menos un auténtico líder?

Si, un lider que sexa como un bo xeneral do exército, nunca pode deixar un soldado morto no campo de batalla. Porque no meu caso nunca deixei a ningún dos meus tirados.

¿Por qué empezaches en política?

Eu veño dunha familia que se adicou á política, meu primo foi alcalde, meus pais foron concejales, e somos unha familia grande que estivemos moi vinculados sempre á vida política de Melide.

Fuches pioneiro na creación de Novas Xeracións en Melide cando nesa época en moi poucos concellos o tiñan, ¿Cal crees que é a importancia da xente nova na política?

Si, creei NN.XX en Melide porque sempre considerei que a xente nova debe ter un papel importante na política local porque non hai ninguén mellor ca vos que sepa os intereses e inquietudes que podedes ter. Por iso considero que a concejalía de cultura debe ser levada por un membro de Novas Xeracións.

¿Cal foi o momento máis bonito que viviches na política?

Bonitos houbo moitos, pero especialmente dous. Un deles foi cando Don Manuel Fraga me nomeou candidato ao Senado, porque un rapaz de 36 anos e normalmente a xente que ía ao Senado era xente máis maior. O outro momento doce na miña vida, con máis importancia persoal que política, foi cando no concello fixemos un recoñecemento a todos os políticos, tanto alcaldes como concejales, e lle puxen a medalla a meu pai e miña nai, xa que ambos foron concejales.

¿Afectou a túa vida política á persoal?

Cando está na vida política sabes que eso pode chegar a afectar á túa vida persoal, por eso a persoa que esté o teu lado ten que saber levalo. Por exemplo para os meus fillos sabían que ser fillo de Miguel Pampín tiña ventaxas en inconvintes. Cando facían algunha gamberrada de nenos sabían que eso me podía afectar públicamente e levaban consigo a coletilla de “o fillo do alcalde”. Pero tamén eles saben que tiveron outras ventaxas positivas.

¿Cal foi o persoaxe político que máis te impresionou?

Tamén foron dous: un a nivel rexional e outro a nivel rexional, Don Manuel Fraga e José María Aznar. No caso de Aznar foi un político que me impresionou por ser un líder carismático, tiña unha personalidade con moita forza, e cando estaba contigo estaba ata a morte. Os presidentes rexionales non se lle levantaban, e como dixo Álvarez Cascos: “Cuando hay un gobierno fuerte central, los polos son débiles. Cuando el gobierno central es débil, los polos son fuertes”. Por eso é importante que haxa un líder con forza.

¿Cales crees que serán os resultados electorais en Toques?

De por si o partido xa sacará tres escaños e os outros dous son moi posibles posto que Jorge está a facer unha gran xestión. Por eso tamén desexo moita sorte para vos e para o noso partido.

miércoles, 20 de abril de 2011

lista do partido popular de Toques

dende aquí presentamosvos oficialmente a nosa candidatura para estas eleccións municipais maio 2011. (vota a lista ganadora)




1. Jorge Francisco Calvo Pestonit


2. Arturo Penas Prado


3. José Antonio Castro Casanova


4. Ana Mato Salgado


5. Fermin Villamor Penas


6. Inmaculada Barreiro Buján


7. Anselmo Villamor Alvarez


8. Luis Otero Castiñeira


9. Jesús Varela Prieto


suplentes:


1. María Angeles García Enjamio


2. José Luis Currás López


3. Fernando Iglesias Mejuto


4. María del Carmen simón Buján


5. Concepción López Ferreiro


6. Julio Buján Espiño


7. José Luis Perez Seijas


8. Manuel Penas Buján




martes, 5 de abril de 2011

Entrevista a Jorge Cubela


Este rapaz pontevedrés, con só 22 anos, preséntase como candidato á alcaldía do seu pobo, Cotobade. Estudia dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Dende Novas Xeracións Toques sabemos que gañará as eleccións porque é un home con moito carisma, decisión e forza e porque o respalda unha longa traxectoria en tan poucos anos.
Polo 2007 cando empezamos a coñecer del en seguida nos demos conta que chegaría lonxe e non nos equivocamos. Dende aquí, amigo Jorge, desexámosche toda a sorte do mundo porque eres o mellor alcalde que pode ter Cotobade e calquer outro pobo. Un exemplo de como se deben facer as cousas.
Aquí vos deixamos un vídeo da súa presentación como candidato:
http://www.youtube.com/watch?v=oRtycoSr4Ps

- ¿Qué significa para ti política?
Un servicio á sociedade, ó meu pobo, á nosa terra.

- ¿Cal é a situación actual en Cotobade?
Nestes momentos, en Cotobade goberna o PSOE en coalición co BNG. O Partido Socialista ten cinco concelleiros, o PP ten catro e o BNG ten dous. Aquí pasa o de sempre: o bipartito de Cotobade está dividido, non hai xestión, nin programa de Goberno. O que Cotobade necesita é un Goberno unido, non que haxa fisuras nin tensións e sobre todo un Executivo no que non haxa catro alcaldes, que é o que está pasando agora mesmo. No concello hai agora mesmo catro adicacións exclusivas e un asesor e eu entendo que nestes momentos un municipio coa capacidade que ten Cotobade non se pode permitir iso, é un despilfarro.

- ¿Qué te motivou a implicarte tanto na política local?
Meu pai foi 16 anos tenente de alcalde en Cotobade. A inquedanza constante polo futuro de Cotobade e os seus veciños xa é algo que me vén dado dende o berce. Co seu apoio, as súas ensinanzas e con toda a axuda que me está dando, a verdade é que os veciños sempre viron que tiña un bo respaldo por detrás. Non son unha persoa que me presente á alcaldía e que veña de fóra. Dende pequeno xa andaba por aí sempre co me pai e por iso sei que é o que se fixo ou o que non se fixo en Cotobade e que é o que hai que facer.

- ¿Cales son os teus obxetivos principais a cumplir?
O asentamento de poboación, a creación de emprego cun polígono industrial e mellorar os servicios sociais.

- ¿Cómo crees que serán os resultados xerais do PP nos concellos galegos?
Creo que vai haber unha suba xeralizada dos votos pola boa xestión que está habendo no Goberno da Xunta, en contra posición ó Goberno de Zapatero, que está sendo a ruina dos españois.

- ¿Cómo pensas que a túa idade che pode perxudicar ou beneficiar a hora de presentarte á alcaldía de Cotobade?
Supoño que a idade será un dos poucos argumentos que poidan utilizar contra min os membros de PSOE e BNG. Eu nacín e vivo en Cotobade, e coñezo de sobra as súas carencias e necesidades. Moita xente, incluso moita xente maior, estáme a parar pola rúa para facerme peticións, para dicirme se lle podo ou lle poderei solucionar este ou aquel outro problema, porque non atopan resposta por parte do concello. Ben sei que cando se achegue o tempo da campaña eles dirán que teñen moita experiencia e que eu non a teño. Pero non sei de que serve a experiencia cando non fixeches nada do acordado, e cando nin tan sequera gardaches o que deixaron feito os que estiveron antes ca ti.

- ¿Tes obxetivos máis alá da política local ou de momento non pensas neso?
Penso en ser Alcalde do meu pobo, o futuro dirá se así o queren os meus veciños.

- ¿Confías en que gañarás as eleccións?
Quero ser Alcalde para pór a Cotobade no mapa de Galicia. Nestes momentos hai unha falta clara de xestión polos propios líos internos e diferencias entre os partidos que gobernan. Cotobade necesita un cambio, e só ganando o PP poderá habelo. Nós vimos a servir, e confiamos en contar co apoio da mayoría de veciños