miércoles, 3 de septiembre de 2008

MEDIDAS DO PP PARA RECUPERAR A CONFIANZA NA ECONOMÍA

- Para promover a austeridade das Administracións Públicas:

§ Conxelación do soldo, SUBIDA CERO, dos Deputados, Senadores e Altos Cargos do Goberno en 2009. Revisión de catálogo de Altos Cargos creado nos últimos 5 anos e supresión dos cargos superfluos.

§ Eliminación de gastos superfluos:

§ Revisión e reducción do Plan de Publicacións Oficiais e de propaganda indirecta do PSOE.

§ Reducción e control da publicidade institucional.

§ Plan de aforro enerxético dos distintos Ministerios e organismos públicos dependentes do Estado.

§ Plan de coordinación entre as distintas Administracións Públicas para evitar duplicidades que xeran custes excesivos e non benefician á calidade e a eficacia na prestación dos servizos públicos.

§ Plan de simplificación administrativa que elimine trámites burocráticos e papeleo innecesario que provocan retrasos. Para ell, reforzaremos especialmente a aplicación da administración electrónica.

- Para aumentar a transparencia das Administracións Públicas:

§ Solicitar a través dunha Proposición de Lei a creación da Oficina Presupostaria das Cortes Xerais.

§ Posta en marcha da Oficina Presupostaria do Grupo Parlamentario Popular no Congreso mentres se crea a das Cortes.

- Para restaurar a confianza:

§ Limitar o crecemento do Gasto Público ao 2% nos PGE para 2009.

§ Reformar a Lei de Estabilidade Presupostaria para aplicar o teito de gasto a Comunidades Autónomas e grandes municipios.

§ Reforma por consenso e de forma multilateral do Modelo de Financiamento autonómico que asegure recursos suficientes para que todas as Comunidades Autónomas podan prestar servicios públicos en igualdade de condicións. Esta reforma do modelo debe incluír un Pacto pola Dependencia que clarifique as fontes de financiamento.

§ Reformar simultaneamente o sistema de financiamento local.

§ Modificar os procedementos para o nomeamento dos responsables dos organismos reguladores, evitando calquera intento de inxerencia política.

- Para apoiar o crecemento e a creación de emprego:

§ Reforma fiscal:

§ Incremento da deducción por vivenda habitual do 15 ao 25 por cento e aumento da base de deducción a 10.000 euros.

§ Reducción do Tipo impositivo do Imposto sobre Sociedades para PYMES ao 20 por cento.

§ Reforma laboral: Reducir a cotización ao Fondo de Garantía Salarial. Potenciar a contratación indefinida simplificando o actual abanico de contratos e bonificando as cotizacións dos novos contratos.

- Para loitar contra a suba de prezos

§ Aumentar a competencia:

-Promover a existencia de competencia real en todos os sectores estratéxicos, especialmente na distribución de hidrocarburos.

-Crear a Oficina de Información e Seguimento de Prezos no Ministerio de Economía, que elaboraría un informe mensual cos sectores e empresas máis inflacionistas.

§ Limitar os incrementos de prezos e taxas reguladas:

-Evitar que, en plena crise económica, os incrementos das tarifas enerxéticas reguladas erosionen aínda máis o poder adquisitivo das familias e incrementen os custes de producción das empresas, en particular, das Pyme.

§ Garantir a Unidade de Mercado:

-Aprobar unha Lei de Unidade de Mercado e un marco institucional para a súa vixilancia.

§ Liberalización do sector servizos:

-Traspoñer a Directiva Europea sobre Servizos no Mercado Interior e promover que a regulación europea profundice na integración do Mercado Interior Europeo.

- Para aumentar a competitividade

§ Elaborar un Plan Anual de Competitividade.
§ Desenvolver un Plan nacional de I+D+i.
§ Recuperar os incentivos fiscais e garantir a seguridade xurídica das inversións en I+D+I.
§ Impulsar un acordo nacional sobre vivenda e solo e reformar a Lei do Solo.
§ Impulsar o desenvolvemento das infraestruturas intensificando o uso de instrumentos de colaboración Público-Privada.

No hay comentarios: