jueves, 29 de mayo de 2008

Galicia, a segunda comunidade con maior colapso na Xustiza.-

- En dous anos triplicouse o número de asuntos pendentes en violencia de xénero, un total 2.336 mulleres esperan un proceso penal nos xulgados de violencia de xénero.

- A Xustiza é o garante da liberdade e dos dereitos das persoas, é fundamental para a confianza dos cidadáns no conxunto do sistema político, sendo o alicerce fundamental no que se asenta o Estado de dereito.

- Dotar á Xustiza dos medios humanos e técnicos suficientes ten que ser sempre prioridade básica dun goberno.

- En Galicia hai 144.174 casos sen resolver e o número de expedientes pendentes creceu en máis de 9.000 unidades en só un ano.

- Na comunidade hai 78.785 sentenzas ditadas que están pendentes de execución, un 10,5% máis que fai só dous anos.

- Incrementáronse os asuntos pendentes na sala do contencioso do TSXG nun 29% nun ano: pasaron de 8.884 en 2006 a 11.473 en 2007.

- COLAPSO NOS XULGADOS DE VIOLENCIA DE XÉNERO.- Hai 2.336 mulleres con asuntos penais pendentes nos xulgados específicos de violencia da muller, un 36% máis que fai un ano e o triplo respecto ao peche de 2005.

Os asuntos penais pendentes nos xulgados de violencia de xénero son 621 máis que o ano anterior e 1.437 máis que hai dous anos.

- Os tres anos do bipartito supóñen “a lexislatura en Branco da Xustiza”. O bipartito non tivo prioridade na Xustiza e a súa prioridade centrouse:

- Crear un programa de galleguización da Xustiza galega e esixir o coñecemento do galego como requisito para ejercer como fiscal ou xuiz.

- Supresión da Consellería de Xustiza, pasando a ser unha dirección xeral das 50 coas que conta a Xunta.

- Cesar a tres directores xerais en tres anos

- Paralización das infraestructuras xudiciais en Ourense, Vigo, A Coruña...

- Paralización na creación de novos xulgados. Mentres o TSXG pide crear 28, a Xunta pide ao Ministerio de Xustiza 7 fronte os 32 que solicita Andalucía. O que demostra que Galicia non so lle sae barata ao Ministerio de Fomento, tamén ao Ministerio de Xustiza.

- Tres anos despois:

- En Galicia hai 20.399 sentencias penais, o que suporía, según di o TSXG, “un ano de traballo íntegro dos xulgados penais que temos en Galicia, sen facer outra cousa”

- Hai tres veces máis asuntos pendentes de violencia de xénero que hai dous anos e mentres o TSXG considera necesario 5 xulgados exclusivos de violencia de xénero a Xunta decide non pedir ningún xulgado máis par este casos

- NECESIDADE DE MÁIS XULGADOS.- o PPdeG pide a Touriño que solicite ao Ministerio de Xustiza a creación dos órganos xudiciais que necesita Galicia. Na memoria presentada en 2007, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia considera fundamental a creación de 28 novas unidades xuduciais para facer fronte ao colapso, pero a Xunta so propón a creación dunha cuarta parte, fronte a Andalucía que vai reclamar 32; é dicir, 4,5 veces máis que nós.

Pídese tamén a celeridade no que a novas infraestruturas xudiciais se refire: posta en marcha do novo edificio xudicial de Ourense (non presupuestado un só euro nos orzamentos de 2008), da Cidade da Xustiza de Vigo (en 2007 quedou sen executar o 67% dos orzamentados) e da Torre da Xustiza da Coruña (paralizada e cuxa primeira fase tería que haberse terminado en 2007).

- PACTO POLA XUSTIZA.- desde a súa responsabilidade como Grupo maioritario da Cámara, o PPdeG manifesta a súa votande de colaborar co Goberno para darlle a volta a esta situación.

O PPdeG propón máis medios materiais e humanos que axilicen o sitema xudicial na Comunidade:

- Reforzo de persoal das oficinas xudiciais
- Construcción das novas infraestructuras xudiciais prometidasMáis competencias en materia de demarcación e planta judicial, para lograr - una xestión máis eficaz e eficiente

No hay comentarios: