Estamos a escasos 3 meses das elecións municipais. a campaña electoral está a volta da esquina.
E como xa é típico e hitorico, a ilusión, as ganas e a forza apoderanse das nosas acción e sentidos. Estamos ante unha situación bastante diferente da de fai 4 anos, pero Toques sigue a estar nunha situación de incertidumbre, nunha situación de inestabilidade política. Toques non necesita un goberno de tri-ideas, Toques necesita ser xestionado dende cada un de nos, dende cada unha das aldeas, dende cada unha das casas, por iso vamos a loitar estos meses.
E este blog vai transmitir todo o que pasa dende aquí ata a fin da campaña, con claridade e sen censuras, tal e como sempre se fixo. De novo vai ser un medio de comunicación local, de expresarse libremente, de informar e de reflexionar.