jueves, 6 de agosto de 2009

enoraboa Jorge


despois dun enorme paron, máis de un ano sen escribir neste blog , hoxe con forza volve quedar inagurada a páxina de novas xeracións Toques.

un bo día para facelo, xa que hoxe Toques cambiou de rumbo, Jorge Calvo, foi proclamado alcalde de Toques, e dende aquí a nosa enoraboa o noso lider e dende hoxe ao noso ALCALDE.

non foron anos fáciles, nin os vindeiros o van a ser. son anos de incertidumbres, de aprendizaxe, de criticas, pero sobre todo de moita ilusión , de facelo ben, de facer moito máis que o mellor posible. de darlle a Toques e ao seus habitantes o que se merecen.

dende as elecións municipais de maio do 2006 o Pp tivo sempre, tanto nas autonomicas, xerais e europeas a maioria absoluta nas urnas en Toques, para nos iso é moi significante, posto que Toques estanos a decir que o estamos a facer ben, que confia en nos, e sobre todo que queria ver a Jorge convertiodo no noso alcalde.

hoxe non podo deixar de mostrar a miña ledicia nesta páxina polo acontecemento historico que vivimos, a miña alegria porque hoxe Toques ten o alcalde que se merece, unha persoa xusta que traballa a reo polo pobo.

estou convencida que nun concello, sobre todo se é pequeno como Toques, o que menos importa é a ideoloxia politica, o que menos importa é ser do Pp do BNG ou do Psoe, o que realmente importa son as persoas que forman parte de esa ideoloxia. Eu nestos anos recibin criticas e máis criticas poor representar a un partido politico, pero estou feliz por haberlle demostardo a moita xente que o que importa o final non son os partidos senon as persoas que o forman. eu sintome orgullosa de estar no Pp de Toques, porque independentemente da ideoloxia, eu neste partido vin cousas que moitos partidos ou o mesmo partido en moitos sitios carecen por desgracia, vin unidade, lealtade, ganas, ilusións, boas intencións, vin liberdade, valkores. e mentras siga vendo todo isto seguirei defendendo estes ideais e siguirei coa miña labor politica en Toques aunque eso me supoña criticas de ignorates en noites de sábado.

enoraboa Jorge, enoraboa alcalde.