jueves, 31 de enero de 2008

moito traballo por diante

temos moito traballo por diante...un novo proxecto que sera custoso pero estou segura que moi gratificante. é un proxecto que mais que na mente esta xa case na practica. Vamos crear novas xeracións en todos os concellos da provincia da Coruña, xuntas locais en todos os concellos. no partido xudicial de santiago xa temos as zonas repartidas. con respecto o que a min me corresponde( santiso, melide, sobrado, boimorto, vilasantar, mesia, frades¿curtis?, e arzua(apesar q xa consta novas)) estou moi ilusionada co proxecto e desexando comezar. pareceme moi importante esta iniciativa, posto que é moi necesaria, porque hai moita xente ilusionada coa politica e que non ten a sorte ata o momento de poder disfrutar dela.
este é tan so o proxecto inicial, que unha vez rematado(esperemos que axiña) e o de facer afiliados e empezar o traballo duro. creacion de asociacións culturais.....e de todo isto iremosvos informando no blog.
o pasado martes 29 de xaneiro asistín a unha reunión do grupo parlamentario popular no parlamento como portavoz do Pp de Toques, despois da experiencia de aquel domingo de maio, foi a experiencia politica que mais fondo me tocou, poder ver de cerca o que de lonxe non me atrevia a imaxinar. sentada o lado dos deputados e dos portavoces do Pp do partido xudicial de santiago, e Feijoo. E so me queda o enorme agradecemento da confianza que se puxo en min. dende aqui as gracias pola oportunidade.

moito camiño por percorrer, moito traballo por diante, pero a ilusión mais forte é a que nos sigue invadindo.

compañeira, a ti, empezache o traballo, a ti ,compañeira, seguiremos sendo un 2 en uno(aunque xamais deixaremos de ser o 3 en 1), a ti, compañeira, gracias pola lealtade.........a porta aberta......sempre o teu carón......

un saudo e tede en conta que esto é para nos un aprendizaxe....saberemolo facer mellor.

miércoles, 16 de enero de 2008

non puido ser

un domingo chuvioso, un domingo pouco bo para o Toques, un domingo de non vitoria para o noso equipo, outro domingo afortunado levemente. O cire gañou 2-0, aunque puido haber sido calquera outro resultado, posto que nigún dos dous equipos puido xogar nin ben nin mal, simplemente non podian xogar, o tempo non permitiu disfrutar do partido, e tampouco do resultado.
Dende aquí animar o noso equipo e desexarlle sorte para os proximos encontros onde espero que esteamos todos animando como sempre, e q o tempo se porte mellor cos espectadores e sobre todo cos xogadores!!!
este encontro tiña que ser comentado un pouco como ben dixo Santos. Un saudo e alegrome de que vos pasedes por aqui.

martes, 8 de enero de 2008

feliz ano a todos!!!
debido a falta de internet, tempo e demais temos o noso blog un pouco abandonado, pero empezaremos forte o ano.
un ano que estara cheo seguramente de moito traballo, esforzo e ilusións. un ano que estara dedicado a defender se cabe máis as nosas ideas, a nosa forma de entender politica e as nosas ganas de mellorar as cousas.
xa houbo algún outro tema que nos inquietou estas navidades pero que sera obxeto de critica noutra entrada.
somos conscientes que a nosa forma de pensar é a gran descoñecida, porque somos unha organización xoven cun interes que é a politica, isto en Toques quizais non sexa moi común, ou máis ben sexa raro debido a que a politica no noso concello non existiu, a politica ía tan só asociado a un nome, o nome dunha aldea toquense personalizado, pero as cousas cambiaron, fixemolas cambiar, e moito máis queda por camiñar, por avanzar.
as nosas ganas e ilusións son demasiado fortes como para non defender todo o que queremos. pouco a pouco a nosa voz, a voz da xente nova do Pp de Toques irase escoitando, alzaremola voz, e en toques o noso partido este mesmo marzo gozara dunha victoria que desexamos compartir co q pase no resto do noso país; ESPAÑA